domingo, 3 de abril de 2016

LITERATURA INFANTIL EN GALEGO

LITERATURA INFANTIL EN GALEGO: POESÍA, VERBAS, MÚSICA E MOITO MAIS


     Hoxe vamos a darnos o gusto de escribir o noso primeiro post na nosa lingua materna , levamos tempo querendo escribir sobre literatura infantil en galego, e por fin atrevémonos a facelo.
Deixámosvos unha lista dos libros que, para nos, son imprescindibles na "biblioteca" dos nosos cativos.


  • Cartas que veñen e van:

    • Recomendada para nenos ata os 8 anos
    • Prezo aproximado: 24 €
    • Consiste nun libro con Cd, cada canción tráenos unha ficha en forma de carta que nos explica como traballala cos mais cativos (son en total 10 cartas cheas de actividades que nos farán pasar moi bos momentos).
    • Autora: Susa Herrera con arreglos musicais de Mama Cabra  Cartas que veñen e van

  • O cullarapo croque:

    • Autor: Miguel Angel Alonso
    • Ilustrado por: Luz Beloso
    • Prezo aproximado: 15€.
    • Un precioso libro de versos que a nai de Croque lle contaba cando el era tan so un cullarapo. Cada verso esconde una divertida historia (de gatos, paxariños, sereas...) e uns debuxos moi bonitos que non deixarán indiferentes os peques nin os pais.
    • Nos vivimos co autor unha das presentacións do libro que fixo e está a facer por Galicia e quedamos moi gratamente impresionados, recitamos, cantamos, bailamos e ata debuxamos.     

  • Chibos chibons: 

    • Editorial: kalandraka
    • Prezo aproximado: 13 €
    • Cóntanos a historia de tres chibos que se enfrontan a un ogro demostrando que e moito mais importante a imaxinación e a intelixencia que o tamaño.   

  • Pan de millo:

    • Libro de migallas teatro editado por kalandraca
    • Prezo aproximado: 20€
    • Consiste nun libro-cd con 14 divertidísimas cancións, que nos farán rir, cantar e bailar a todos.

  • A toupiña que queria saber quen lle fixera aquilo na cabeza: 


    • Editorial: kalandraka
    • Prezo aproximado: 15 €
    • Unha obra con moitos galardóns que encandila os mais cativos. Conta a historia dunha toupa que recorre o campo investigando "quen lle fixo aquilo na cabeza". E un conto moi simpático. simpático.  

  •  A vaca que puxo un ovo:       

           Un conto de Andy Cutbill ilustrado por Russel Ayto editado en galego por patasdepeixo. Unha historia divertida e un libro fermoso, cada lector sacará a sua propia concluxión..

No hay comentarios:

Publicar un comentario