jueves, 17 de mayo de 2018

ANTIA A DRAGONA ZAMPALIBROS: CONTOS EN GALEGO

OS MEUS CONTOS IMPRESCINDIBLES EN GALEGO

  Hoxe é o Día das Letras Galegas, a gran festa da literatura galega. Celébrase este día en homenaxe a data en que se publicou o libro Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

  Por iso hoxe escribo este especial cos meus 10  libros infantís favoritos:

10- A nena e o grilo nun Barquiño: libro e Cd de música de Magín Blanco. Ten unhas ilunstracións moi bonitas e actividades.



9- O Cullarapo Croque: de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, tivemos a sorte de ver a Miguel Ángel presentando o libro, o que fixo que nos namorásemos do Cullarapo Croque. É un libro de poemas fermosísimo.


8- Corre corre cabaciña: de Eva Mejuto e André Letria, un libro moi divertido das aventuras dunha avoa cando iba a voda da súa netiña.
Resultado de imagen de corre corre cabaciña

7- Onde viven os monstros: de Maurece Sendak, este libro e precioso en todos os idiomas, son as aventuras dun neno moi valente.



6- A historia fascinante da vaca rodante: de Cristina Corral Soilán, Aurora Cascudo Román e Miguel Noval Bouza, é a historia dunha vaca rubia e galega que quere ver o mar.
Resultado de imagen de a historia fascinante da vaca rodante

5- O soño de Esther: de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso. Esther é unha nena moi fermosa (tanto no conto como en persoa) , unha vez máis tivemos a sorte de disfrutar do conto en persoa co seu autor e a protagonista. que nos conta as aventuras que a pequena vive no seu soño.
Resultado de imagen de o soño de esther

4- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch. Este conto encántalle a todos os pequenos, e en galego é aínda máis divertido. Como poderedes adiviñar polo título conta a historia dunha toupa a que lle cagaron na cabeza e quería saber quen foi... así de sinxelo.
Resultado de imagen de a toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

3- O galo Quirico: de Tareixa Alonso e Alicia Suárez. Este é un conto popular que xa a miña avoa lle contaba a mamá, como todos sabedes o Galo Quirico vai a voda do tío Perico... pero no camiño atopa mil problemas...
Resultado de imagen de o galo quirico

2- Pan de millo: Este libro CD de Migallas teatro fará que toda a familia, xogue, lea, cante e baile.


1- E por último o meu libro favorito en galego: A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill, ilustrado por Rusell Ayto: a vaca Marjorie é moi especial, distinta as demais e cun soño... non vos digo máis... tendes que lelo.

E para despedirme e desexarvos a todos un feliz Día das Letras Galegas, déixovos cunha canción da miña banda favorita: Uxía Lambona e a banda molona. Feliz día!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario